 |
 |
. O XURADO DESTACA DESTA CINTA RODADA EN VALDEORRAS QUE FOI A QUE MELLOR REFLEXOU OS VALORES PAISAXÍSTICOS, CULTURAIS E SOCIAIS DO ENTORNO ONDE FOI RODADA.
Temos o pracer de comunicar un novo éxito na carreira da película de Ignacio Vilar PRADOLONGO. Vimos de coñecer que acaba de recibir o IV PREMIO CIDADE DE SAN SEBASTIAN FILM COMISSION, premio integrado no marco da sección Made In Spain do festival, dotado con 12.000 euros e que segundo o propio festival supón unha plataforma de lanzamento internacional para a película vencedora. As películas gañadoras en anteriores edicións foron “Alatriste”, “La leyenda del Tiempo” e “En La Ciudad”.
PRADOLONGO competía así co resto das películas presentes en dita sección como “El Orfanato”, “Rec”, “Los Crímenes de Oxford”, etc. O xurado, composto polas actrices Natalia Verbeke e Alicia Borrachero, polo escritor e crítico Manuel Hidalgo e o recoñecido decorador Pascua Ortega concedeu o premio á cinta rodada en Valdeorras por ter sido a cinta que mellor reflexa os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais de onde foi rodada, e colaborou coa súa promoción como espacio escénico ao servicio da industria audiovisual.
Así, o festival de San Sebastián recoñece o traballo de Ignacio Vilar e de todo o equipo por facer dunha historia local e 100% galega algo universal, que está a obter unha gran acollida aló por onde se presenta, con independencia de fronteiras. Lembremos que PRADOLONGO está falada íntegramente en “galego de Valdeorras”.
|
|